Agora acougo balada romantica

1236

由 Alfonso guerra reboredo 使用 Suno AI

Agora acougo balada romantica
v4

@Alfonso guerra reboredo

Agora acougo balada romantica
v4

@Alfonso guerra reboredo

lyrics
Gritábanme rrara, fea, diferente,
empurrábanme sen mirar atrás.
Cada día era un pouco máis triste,
cada risa facíame sangrar.
Aprendín a quedarme calada,
a finxir que todo estaba ben,
pero o medo medraba por dentro,
e un día xa non puiden con el.

Agora acougo.
Non hai gritos,
nin espellos que me queiran romper.
Desde arriba descanso e sospiro,
xa non teño medo nin o volverei ter.
Xa non treme a miña voz,
nin me escondo detrás dalguén que non son,
fuxín buscando descanso,
porque abaixo nunca escoitei un perdón.

O meu macuto ía pesando máis,
era o peso de tanta dor,
cada palabra era unha ferida,
cada burla, unha prisión.
Non notaron que me apagaba,
que choraba antes de durmir,
Eu mostraba o sorriso
que aprendera para sobrevivir.

Agora acougo.
Non hai gritos,
nin espellos que me queiran romper.
Desde arriba descanso e sospiro,
xa non teño medo nin o volverei ter.
Xa non treme a miña voz,
nin me escondo detrás dalguén que non son,
fuxín buscando descanso,
porque abaixo nunca escoitei un perdón.

Perdoa, mamá, se non fun máis forte,
se a miña marcha rachou a túa pel.
Non foi culpa túa, foi a xente,
foi o mundo que non quixo ver.

Agora, acougo.
Confío que me poidan entender .
Eu so era unha nena cansada
dun inferno que non souberon ver.
Agora xa, por fin... agora acougo.
音乐风格
Balada Romantic, Female Voice

你可能会喜欢

歌曲的封面111
v4

由 Ayad 使用 Suno AI 创建

歌曲的封面EQUIPE DO LANCHE
v4

由 Edmilson Santos 使用 Suno AI 创建

歌曲的封面Imprezowy Melex
v4

由 Ziom Dobry 使用 Suno AI 创建

歌曲的封面守護禪心
v4

由 Wisdom PUQing 使用 Suno AI 创建

相关播放列表

歌曲的封面جانِ من
v4

由 صبغت الله مبارك 使用 Suno AI 创建

歌曲的封面Édesanyánk ma hatvanöt
v4

由 Emese Turcsán 使用 Suno AI 创建

歌曲的封面Чёрная Нить
v4

由 Олег Кореневский 使用 Suno AI 创建

歌曲的封面Nana para mí Aitana
v4

由 daniela vera 使用 Suno AI 创建